Nº de licenza: H-PO-002196
Idioma Castellano English

Coñeza Marín con Innmare Fortuna Boutique Hotel

655 022 197
Onda Onda

Mostrámoslles algunhas das marabillas da nosa contorna

Innmare Fortuna Boutique Hotel está situado no corazón da localidade de Marín. Unha ubicación privilexiada que permite estar preto ás praias de Portocelo (1 km a pé desde o hotel), Aguete, Loira e Santo de Mar- A Coviña, galardoadas coa bandeira azul o pasado verán.

Atopámonos tamén moi próximos a outras cidades galegas de gran interese turístico como son Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela, destino de peregrinación os Anos Santos Compostelanos 2021 e 2022. Todas elas lugares de gran riqueza histórica e cultural, que ofrecen unha rica oferta de ocio para todos os seus visitantes e moi ben comunicadas en coche ou transporte público co concello de Marín.

Desfrute das Rías Baixas galegas e comece unha experiencia única desde Innmare Fortuna Boutique Hotel.

Innmare Fortuna Boutique Hotel
Nudo

Que lugares visitar?

Praias de Marín

Sen dúbida, unha das paradas obrigatorias para todos aqueles que visitan Marín son as praias: Portocelo, Mogor, Aguete, O Santo e Lapamán. Praias de recoñecida beleza natural e de turismo pouco masificado.

Recoñecidas como uns dos mellores areais da nosa ría, Marín é o primeiro Concello en Galicia que conta coa certificación EMAS de xestión ambiental e bandeiras azuis.

Paseo Marítimo de Marín

O paseo marítimo conforma unha ruta ideal para camiñar ao longo da costa.

Unha opción de senderismo para unha experiencia excelente.

Petróglifos de Mogor

Moi próximo á zona da praia de Mogor, atópanse os incribles xeroglíficos conservados nas rocas desta zona, coñecidos como "Labirinto de Mogor".

Unha marabilla histórica visitada por persoas interesadas pola cultura, a historia e a arqueoloxía.

Onda Onda
Nudo

Zonas próximas de interese turístico

Pontevedra

A cidade de Pontevedra, capital a provincia, garda múltiples zonas de interese e é valorada como unha das principais cidades de Galicia.

A beleza do seu casco vello e a súa rica historia ofrece aos seus visitantes grandes atractivos, como a Igrexa de San Francisco ou As Ruínas de Santo Domingo.

Innmare Fortuna Boutique Hotel

Vigo

Vigo é outra das grandes cidades de Galicia, tanto pola súa extensión como imparable desenvolvemento. Trátase dunha urbe de gran oferta turística, tanto polas súas soadas celebracións coas luces do Nadal, como polos seus numerosos monumentos e tradición mariñeira.

Vigo conta cunha ampla oferta de lecer, moi valorada tanto polos seus habitantes como por todos os visitantes que, ano tras ano, namóranse desta localidade galega.

Innmare Fortuna Boutique Hotel

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a cidade máis emblemática de Galicia. Unha localidade visitada ao ano por miles de peregrinos, chegados dos diferentes camiños que converxen nesta característica urbe.

Posúe grandes monumentos, como a icónica catedral de Santiago.

Santiago cerca de Innmare Fortuna Boutique Hotel